¡En Pé!

miércoles, 31 de marzo de 2010

¡Irmáns! en pé, sereos,
a limpa frente ergida,
envoltos na brancura
da luz que vai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e unha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
¡Cantémo-lo dereito
a libre, nova vida!
Validos de treidores
a noite da Frouseira
a patria escravizaron
uns reises de Castela
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas...
¡Irmáns asoballados de xentes estrangeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito
a liberdar a Terra!
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé, dispostos
a morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
¡A nosa Terra é nosa!

Ramón Cabanillas
(Da terra asoballada-1917)

 
Plantilla creada por Estela basada en la denim de blogger.